O demo e a ponte de Pontedeume.

18:46:00 Edit This 15 Comments »

Entre Pontedeume e Cabanas, na provincia da Coruña, hai tres pontes sobre a fermosísima desembocadura do Eume, ao fondo da ria de Ares; a da autoestrada, a máis nova; a do camiño de ferro, e a máis vella e fermosa, a vella ponte de Pontedeume. A un lado queda a vila señoreada antigamente polos Andrade, ao outro o piñeiral e a praia da Magdalena en Cabanas. Entremedias, véxase o relato "As tres doncelas transparentes" (próximamente) , asentou unha cidade que desapareceu por encanto. Pero, falemos da ponte, da vella ponte, feita e refeita polo demo ata dúas veces.

Un dos señores de Andrade tiña unha filla chamada Minla que andaba moceando cun rapaz do outro lado do río que atendía por Ledán.

Ledán namorado cruzaba a nado o río todas as tardes para ver a súa moza mais nunha daquelas travesías sorprendeuno unha treboada. Lendán morreu afogado diante dos ollos da súa amada, que vía o seu corpo a mercé das ondas sen podelo socorrer. O demo, atento ás desgrazas alleas, achegouse a Minla e ofreceulle axuda:

_ Se me dás a túa alma, ao amencer heiche ter feita unha ponte!
A moza aceptou coa condición de que a ponte estivese rematada antes de que cantase o galo do curral dos Andrade.
O demo traballou toda a noite e foi quen de facer case setenta e un arcos de cantería. Ao alborexar cantou o galo dos Andrade e aínda quedaba un arco por rematar.
Así salvou a alma Minla e o demo quedou retorto, pois a dama puido cruzar ao outro lado dando un pequeno chimpo sobre o arco inacabado.
A outra vez que fixo o demo a ponte de Pontedeume cóntase que había unha señora que era dona de ambas marxes do río. De vez en cando ía visitar a outra ribeira e cruzaba o río nunha barca manexada por barqueiros ao seu servizo. Pero unha vez, mentres visitaba á xente que lle atendía as terras, entretívose de máis en cando regresou á beira do río unha crecente enorme arrastrara barca e barqueiros cara ó mar.
Disque a dama, ofendida, blasfemou, e que nese mesmo intre se lle puxo ao lado un mozo, co mirar pillabán, ofrecéndose a pasala para o outro lado:
_Como me has pasar? Tes barca?
_ Non, barca non teño, pero sei como cruzarvos se selades co voso anel este pergamiño.
A muller aceptou o trato sen decatarse de que o que asinaba era un pauto co mesmo demo ; pero xa era tarde. Ao instante apareceu feita, de beira a beira, unha ponte envolta en néboa e nun insoportable cheiro a xofre.
O pergamiño traía detalladas as condicións nas que a dama se comprometía a entregarlle a alma ao demo cando morrese a cambio da ponte. Menos mal que cando lle chegou a hora, a muller preguntoulle á virxe para que a librase daquel compromiso. E a virxe conseguiuno.
Polo visto, no medio da ponte houbo en tempos unha capela adicada á virxe e que fora construída en agradecemento por aquel favor que lle fixera á dama, librándoa das penas do inferno.
Pero hai que ter coidado. O demo sempre axexa e disque anda ceibo río arriba, camuflado entre a Fraga do Eume. Polas noites séntese ruido entre as árbores, e mesmo o romper de pólas e ramallos. E nalgúns puntos do río, onde para cruzar só hai pasos de pedra polos que pasan mulleres e homes con mercadorías, anda o demo provocando, e dicíndolles que se non lles entregan a alma, vainos tirar ao río con todo o cargamento.
O que non sabemos de certo é se este demo é ou non o espírito do río do que falamos na lenda "Tres fontes e tres ríos"...próximamente....
A flor da auga - Lendas de Galiza.

15 lunáticos dicen:

Anónimo dijo...

A flor da auga, marabilloso libro.

moucho branco dijo...

moi fermosa historia, lúa. Eu fíxenme con algún libro sobre lendas e historias galegas que me gustaron moito, pero este non o teño.

un saúdo.

almena dijo...

mmm cçom:)
o disfruto con estas leyendas...
:)
y así, en esta preciosa lengua, aunque algunas palabras se me escapen.
un beso!

Ra dijo...

Buah...como echaba de menos estas leyendas!
Besote!

Lúa- Haberlas, hailas... dijo...

son fermosisimas as lendas deste libro, esta en concreto e da minha terra,perto, viven os meus avos, e rescribilas fanme sentir mais preto dos meus, aledome que gostedes delas, bicos!

MeiGhiNha dijo...

Que lenda mais chula. Comentáballe o outro día a moucho que fixera tamén algún post sobre as nosas lendas, pero entre os dous facedes un bo tandem :P

besiños.

David dijo...

Que lenda máis fermosa! Menos mal que eu fun ás Fragas do Eume polo día, hehehe... A ver se eu me poño e conto algunha historia da terra dos meus avós! ;)

Moralla dijo...

Encantoume a lenda, e sobre todo ese final de..continuará....
é o bo ser ser LÚA, que podes ser testemuña de cousas marabillosas!!
Mañá conta máis!
un bico astro-contacontos

a randeeira dijo...

encántanme estas lendas e dáme moita pena que se perdan tantas de tradición oral ... tíñanas que recoller pobo a pobo.

Marinha de Allegue dijo...

As lendas son un gran patrimonio e se cadra ainda estamos perdendo gran parte delas. Eu teño varios libros de lendas e son unha forofa delas gústame leelas pero escoitalas fascíname. Teño a gran sorte de ter un pai que é un bo contador de lendas e a mín non se me da mal tampouco...

Unha aperta.
:)

ElSenhor dijo...

Bonita leyenda. Si señor.
Beso ...

Brian Edward Hyde dijo...

Me encantan estas historias de las que en el fondo parte todo la ficción que escribimos en la actualidad. Encantado de pasarme de nonuevo por aquóii, aunque apenado por no poder pasarme más a menudo

Besos!

Lúa- Haberlas, hailas... dijo...

aledo de que gostasedes dela, a verdade é que as lendas son a miña debilidade; como dixen sempre son o sino de identidade dos pobos!!!!
biquiños! Por certo, estou liadisima, pero pronto escribirei mais e pasareime polos vosos recunchos!!biquiños!!!

Captain_Ross dijo...

q bonitas son as historias q hai en Galicia!!! e as q che contan os avos tb son moi fermosas. mola galicia!!!

un bikiño pequeniño ;)

Anónimo dijo...

Botamos de menos a continuación desta fermosa lenda, luíña fermosa
MORALLA