MARUXAINA

19:21:00 Edit This 8 Comments »

A Maruxaina é unha serea da mariña de Lugo. É metade peixe, metade muller. Vive nas covas dos Farallóns, baixo o illote da sombriza. Os mariñeiros atraídos polos seus cantos melodiosos ou polos seus berros sufrían constantes naufraxios naquelas costas, especialmente nos cantís dos Farallóns. Os mariñeiros de San Cibrao decidiron organizarse para acabar coa serea. Unha noite sen Lúa embarcaron decididos a buscala e para contrarrestar a voz engaiolante dela facían soar música de cornas. En terra apagaron as luces e naquela escuridade os mariñeiros conseguiron prender a Maruxaina e conducila á vila onde foi xulgada e condenada. Conmemorando estes feitos, celébrase no mes de Agosto unha festa en San Cibrao na que se representa o xuízo e queímase a Maruxaina. Aínda que morreu, en San Cibrao asústase aos nenos coa Maruxaina. Díselles que , se non se portan ben, vén a Maruxaina e lévaos aos Farallóns.

Pero Maruxaina ten os seus defensores, algúns din que berra para avisar aos mariñeiros dun posible naufraxio. Protectora dos mariñeiros, pasa o tempo fiando e cando vai mal tempo sobe a un penedo e dende alí ponse a berrar ou tocar o corno para dar aviso de que non se debe saír ao mar. Por iso algúns anos é perdoada no xuízo. Ademais, Maruxainas son paxaros que veñen anunciar que non se pode saír ao mar porque vai haber temporal.


Lendas de Galicia - A flor da auga.

8 lunáticos dicen:

nOa dijo...

a min contáronme da festa que é un desfase... pero non sabía a lenda así...
gústanme os teus posts sobre as lendas galegas :)
un bicO!

Yuyuya dijo...

Yo soy asturiana y me costó un poco leerte hoy, jeje, pero con un poco de esfuerzo...
La historia muy guapa!!!
Mi novio vivió en Galicia bastantes años. Este año fui de vacaciones a Puebla y me encantó!!!!
No paso sin volver!!!

MeiGhiNha dijo...

Mira ti de donde ven a festa da maruxaina...

a randeeira dijo...

eu que son veciño da Mariña recoméndovos esta festa... e unha pasada

moucho branco dijo...

Carallo que post tan dos que me gustan!... agardaba que ao postear algo novo sí me aparecesen os comentarios, anque tardaches en facelo parece que resultou, pero aínda me fai raros, hai partes do blog que non se me ven, fixeches algo raro ademais de poñer ese reloxo supermegafashion?, :P

Mrs.Doyle dijo...

Gústanme moito as lendas, especialmente as lendas relacionadas co mar como esta.
Bo post.

Lúa- Haberlas, hailas... dijo...

noa: a festa é unha pasada, se podes vai..., yuyuya: asturiana? eu vivin en Uvieu tres meses e encantame a tu terra, e maravillosa!!!, Meighinha: mira mira, A Randeeira: eu tamen, viva a festa da Maruxaina!!!!, Mouchiño: non fixen ren, non sei que carallo lle pasa ao blogue, ta loco!!!!o reloxo mola ein???;D,Mrs _Doyle: a min o mar tenme loca, gosto de que gostases do post!!1
biquiños a tod@S!!!!

X dijo...

É unha marabilla de libro :)