Dereitos e deberes

14:35:00 Posted In Edit This 6 Comments »

No blog de Fini, publicouse hai pouco estas normas, ou mellor dito, ideas e ideais sobre o mundo dos blogs, e que quero publicar co fin de difundir e promocionar un modelo de blog solidario e que non ofenda a ninguén, velaquí volas deixo. En vista de recentes acontecementos na blogosfera, os abaixo asinante, administradores/as de blogs persoais de fala hispana do mundo enteiro, queremos expresar o noso rexeite ó uso deste medio de comunicación para xerar odio, crear enemistade, facer dano, difamar, inxuriar, insultar e para enganar. Rexeitamos: -A suplantación da identidade nos blogs e na Internet, en xeral, como medio para desprestixiar a unha persoa e sembrar a desconfianza entre as súas amizades e lectores. -O uso do correo electrónico e dos blogues como medio rápido de desprestixio das persoas, facendo circular en masa e indiscriminadamente mensaxes cheos de acusacións das que en ningún momento se presenta proba algunha, pola pura intención de facer dano a alguén con quen exista unha enemizade persoal. Apoiamos: -Un modelo de blogue no que por suposto se defenda a xustiza, pero no que tamén se cultiven sobre toda a amizade e o bo ton e a cortesía entre os que participen nel de un modo ou doutro. -Un modelo de blog libre de insultos, de odio e de cizaña, e en consecuencia, apoiamos o dereito absoluto do administrador do blog a suprimir e rexeitar calquera comentario que se deixase coa sola intención de facer dano ou facer dano a terceiros impunemente. -A denuncia ante as autoridades nacionais dos casos de difamación, inxurias, ameazas e outros que se aprobeiten do anonimato de Internet para facer máis dano con menor risco. Pedimos ós nosos lectores e lectoras, amigos e amigas. -Que reproduzan este post nos seu blogues e engada a súa sinatura como reforzo dun ambiente grato e pacífico nos seus blogs. -Ás autoridades dos distintos estados que non permitan a impunidade no uso do blog e de Internte en xeral como instrumento de mentiras, difamacións nin ameazas. -Ás distintas plataformas que aloxan blogs en toda a rede que habiliten os mecanismos precisos para impedir que no futuro as maniobras daninas que aquí denunciamos. Os administradores de blogs que participamos nesta iniciativa colaboraremos en canto nos sexa posible no descubrimento e na denuncia dos casos que se presenten dos aquí mencionados, e pedimos para elo a colaboración e a boa fe de todos. Asinado, os administradores e administradoras de: http://www.chupateesamandarina-chych.blogspot.com/, Argentina http://www.cinecuentos.blogspot.com/, Uruguay http://www.drgoliamiguel.blogspot.com/, Argentina http://www.elchologranhermano.blogspot.com/, Argentina http://www.encendidaenbuenosaires.blogspot.com/, Argentina http://www.sentado-frente-al-mundo.blogspot.com/, Ecuador http://www.tenasantiago.blogspot.com/, España http://anabelio.blogspot.com/, España http://lagrimasdemar.blogspot.com/, España http://ficalmo.blogspot.com/, España http://www.dagolada.blogspot.com/, Galiza Se estades de acordo, xa sabedes, copiar e pegar.

Y esto hay que aplicarlo a la vida en general.

6 lunáticos dicen:

asbeirasdoarnego dijo...

Estas normas ou como dis ti ideais sempre se deberían cumplrir, a educacación e o primeiro. Hai cada norma que é de sentido común, por Deus!!

- dijo...

Es una buena iniciativa , de todas formas soy escéptico con que se llegue a alguna parte porque por ejemplo los blogs tipo "libertad digital" y de política en general son de lo más ofensivo que he leído y no tienen visos de ser moderados.

Suso Lista dijo...

Estou de acordo. Hai moito que tira pedras e esconde a man.

paideleo dijo...

Muita xente refúxiase no anonimato para facer dano que non sería capaz de facer a cara descuberta.
As normas que dis están ben pero esa xente non lle fará caso.

cs dijo...

Ola lúa, gracias polo interese en corazón salvaxe. Escríbeme a corazonsalvaxe@yahoo.es ou envíame o teu mail e comentamos.
un bico-aperta,
Ana.

vermella dijo...

Suscribo pero moito me temo que a ética siga sendo unha asignatura pendente para algúns...........
agradezco a túa visita e volta cando queiras.
saúdos.