Qué bonito é...

0:16:00 Edit This 13 Comments »
... que bonito é, cando, despois dunha conversa (neste caso co Mouchiño, vaia dous dias levamos,hehe ) na que falas de cousa pasadas hai moito tempo, cando quedas na soidade dos teus pensamentos, e comezas a recordar...
O moito que te gustou estar con él, o moito que vos riades con só duas cervezas separando os vosos beizos, o moito que disfrutábades discutindo de música....(eu lle dicia que non me gostaban Ac/Dc ao principio pra facelo rabear ( jijiji ).
El criticabame por adorar a The Cure...pero sempre cun sorriso na boca; penso que até discutiamos por facernos rabear a posta, os dous...sempre...
Falabamos e falabamos de mil historias, do tempo, da vida, da morte, da orixe...que sei eu; poucas veces un home fíxome sentir tan ben coma él o facía, cando estabamos xuntos era coma estar con alguén que coñeces doutras vidas anteriores, ese sentimento que fai que cada momento sexa único...e irrepetible.
Recordas..., e recordas só cousas boas, e cando te das conta tes un sorriso nos beizos, e un sentimento de benestar recorrendote todo ó corpo.
E segues recordando, e recordas os bicos, as apertas, os momentos coa luz apagada no calor das sabas, naqueles dias en que me sentía unha raiña cando sabia que os seus ollos so ficaban a mirar pra min...
E recordas, e recordas..., e recordas tamén que todo rematou coma empezou, coma un soplo de ár que se quedou un pouco mais da conta...
Sempre estará no meu corazón, polo que me fixo vivir e sentir, sempre haberá un sorriso pra él, sempre...
Qué bonito é recordar, sempre ven ben facelo, porque as ledicias pesan mais cas tristezas, e só ese sorriso debuxado nos beizos cando te das conta é o que de verdade vale.
Ai Mouchiño coma sempre é unha ledicia falar contigo, e hoxe no fondo regalachesme de novo a memoria, e na soidade agora da miña cabeza acordome del e agradezoche agora a tua testez...
Acceso a radio e isto é o que soa, que inevitablemente faime segur recordando, sempre cun sorriso nos beizos...., un sorriso pra el.


13 lunáticos dicen:

moucho branco dijo...

...e non vai ser... non foi Victor Hugo quen dixo que a melancolía é o pracer de estar triste?... velaí a primeira pedra do meu terceiro post sobre aforismos, :D

Non sabes canto me alegro de que te prestase tanto a nosa charla, coma sempre foi un pracer.

Ah!, e nunca deixes de degustar ese sabor doce que deixan os bós recordos, anque coa distancia vaian cambiando e se fagan un pouco amargos.

unha aperta.

Torreira dijo...

Eu de ti poñeriame revisionista cos sentimentos que coido que ainda teñen a posibilidade de resucitar con licor café.Tamen gosto dos Cure...a por certo,a guia de donostia xenial,como a magdalena de Proust

Lúa dijo...

Moucho: dende logo que nunca deixarei de facelo, á sensación que dicía de darte conta e ter un sorriso na boca non se paga con nada!!
Torreira: Esse!!!eres dos meus, alédome que te gostara a guía (a ver se a alguén servelle de algo), e....mándame unhas botelliñas do doce néctar, pois eiqui só hai Ruavieja y NO ME GUSTA!!!!jejejejejeje(iso si, cando vaia a Galiza vou traer un cargamento dilas....)

almena dijo...

Lúa, me ha sorprendido leer que eres de La Rioja y ver tus posts en esa preciosa lengua galega...
:-)

venga, que voy a leerlo con calma. Porque me encanta, pero sólo pesco palabras sueltas...

Un abrazo!

Lúa dijo...

Hola almena, realmente soy gallega, de hecho nací en Ferrol, y hasta hace 2 años vivía en A Coruña...pero por circunstancias laborales me vi obligada a elegir destino fuera de Galicia, y por eso estoy aquí.
Me agrada que te guste el gallego; un beso mu grande!

torredebabel dijo...

Lin unha vez nun libro fermoso de Eduardo Galeano que recordar ven do latin e quere decir "voltar a pasar polo corazón". Daí o sorriso...

Anónimo dijo...

é marabilloso recordar así... e presta tanto...

Unknown dijo...

Lin por ahí licor café?? xDD se queres mándoche unhas botelliñas desde Ourense, que o licor café daquí é un dos mellores :D Ademais pra recordar vellos tempos sempre senta ben ter un pouco de alcohol ó lado, por iso da melancolía e esas cousas :P

bikiños.

Ra dijo...

Que lindo resulta a veces "perspectivar nostálgicamente", verdad?...Ahora, éso sí, estoy con torreira en lo del revisionismo casi como antídoto inmediato...que el licor café nos pone tiernos. Saludo, Lúa!

Agua dijo...

Hola Lúa, del autor Rivelino, el es periodista igual que yo y escribe muy bien, pero estamos en la sección de política de un periódico mexicano.
Tú que haces cuéntame?

paideleo dijo...

Ten razon Torrebabel cando di que recordar é pasar polo corazón. Dende logo o mundo sería feo sen recordos.
Que sigas tendo bos recordos sempre.

Lúa dijo...

Torredebabel: E dende logo non habería millor definición...
Noa: ...Presta, presta...
Meighinha: Non mo digas dúas veces ein????
Ra: Esque ya me mEtieron el tilin en el cuerpo:
QUIERO LICOR DE CAFÉEE!
Naufragha: Alédome moito de servires prá que veñan os bos recordos á mente, porque en serio que é unha ledicia recordalos...
Agua: .......................
...........Qué clase de periódico??????..................
.......................
..............(jejeje)
Paideleo: Graciñas, iso seria perfecto, inda que non sempre posíbel...por certo, e Leo?????

gRACIÑAS E MOIIIIITOS BIQUIÑOS A TOD@S!!!!!

...Hijo del Quijote dijo...

LUA... ESTIMADA.
SOLO ME VINE EN ASOMOS, DADOS TUS ASOMOS...

QUE GRACIA QUE ME HACEN... ME HAN HECHO... Y ESPERO ME SIGAN HACIENDO...

VOLVERÉ a conocer mas detenidamente de tí.

ABRAZOS ...POR DOQUIER...

HdQ