As Feiticeiras.

18:36:00 Edit This 6 Comments »

Neste lugar de Guxinde

ao pasar polas ladeiras

pasade coa faldra fóra

pola mor das feiticeiras.


Esta copla é un consello que se lles dá aos homes para librárense dos maleficios das meigas; coa faldra por fóra, imitando a sotana dun cura; e os curas e as meigas, como é ben sabido, non se levan.



Pero a copla tamén nos fala das feiticeiras, como sinónimo de meiga, de mulleres fatais capaces de causar dano co seu feitizo a quen non tome as precaucións debidas. Pois ben, existen unhas meigas desta caste, coñecidas espresamente coma feiticeiras, que viven na auga. Sábeno os portugueses do outro lado do río, sobre todo os que antes tiñan que cruzar a nado desde MelgaÇo ata Arbo. Aqueles arriscados que se atrevían a cruzar a nado tiñan que meter na boca un coio que lles impedise falar por se unha feiticeira lles preguntaba algo durante a travesía.



Non se sabe máis destas feiticeiras galego-portuguesas. Que seducen coa voz e que, para non quedar engaiolado por elas, hai que levar algo na boca que impida responderlles. As sereas, teñen un falar cautivador.



Seguramente as pontes que cruzan agora o Miño entre Galicia e Portugal, fixéronse como principal obxetivo para deixar ás feiticeiras sen cautivar.






Lendas de Galicia. A flor da auga.

6 lunáticos dicen:

Captain_Ross dijo...

ya estoy de vuelta

setestrelo dijo...

me gustan las leyendas... a pesar d ser d aqui conozco muy pocas!
Un besito

osondaxordeira dijo...

grazas pola visita a gODOT E POR ESTA LENDA TAN LINDA. bICOS.

Mrs.Doyle dijo...

Fermosa lenda

MeiGhiNha dijo...

vamos, que son as nosas sereas particulares :D

Lúa- Haberlas, hailas... dijo...

capi: benvido!
setestrelo: non te preocupes, seguirei coa saga...
osondaxordeira: a ti, jiji
mrs doyle: aledome que te gostase
meighinha: home non!!!tamen temos diso, non iba a ser todo dos gregos!!!!
bicos!!!