15:52:00 Edit This 16 Comments »
(...) Os libros ardían mal. Un deles moveuse na fogueira máis próxima e a Hércules pareceulle ver que abría de súpeto en abano as frescas gallas vermellas dunha branquea de abadexo. Outro desprendeu un anaco incandescente que rodou como un ourizo de mar de neon polos chanzos dunha escaleira de incendios. Logo pensou que era unha lebre atrapada a que se remexía na morea ardente e que un remosque de vento, que avivou algo a pira, espallaba en faiscas todos e cada un dos pelos da sua pel queimada. Así, a lebre mantiña a súa forma na gráfica do fume, e estricaba as zancas para alancar na diagonal acristalada do ceo da avenida atlántica.
As primeiras fogueiras de libros foron dispostas alí, a carón da Dársena, camiño do Parrote. Por dicilo así, no ventre urbano, onda o mar pariu a cidade, o primeiro niño de pescadores, e xa medrou moito a herba dende entón, mesmo nos tellados, que teñen vocación de verde enfesta, nese lugar que hoxe é centro onde conflúes o transporte das lanchas da baía, os transportes urbanos e os coches de liña do interior. As outras fogueiras ardían alí ao lado, na praza maior, que leva o nombre da Maria Pita (...)
Manuel Rivas - Os libros arden mal - Xerais.
Recomendovos este libro, porque amais de contar unha historia real da miña cidade, ten unha sencillez e unha sensibilidade especial. O encontraredes tamén na versión en castelán, disfrutade lendo esta obre de arte...
Bicos!!!!
16 lunáticos dicen:
Pois a ver se o leo, xa escoitei varias boas críticas... Polo menos é o libro máis extenso de Rivas con diferenza, hehehe...
É o único libro de Rivas que a dia de hoxe non lin (mirámonos con respecto,estámonos coñecendo)
Por fin saes, lúa lueira! que xa estaba eu morrendo de calor!! e iso que estamos en inverno!!
Eu estouno a ler, leva moito tempo, pois só dispoño dun ratiño ás noites. A verdade é que se aprende moito da cidade e da guerra. Nótase que houbo investigación previa e iso é un bo sinal, estou a punto de chegar á páxina 200. A modiño. Eu recoméndollo a todo o mundo, e por suposto, EN GALEGO.
Bicos
Pois habrá que lelo entonces, outro mais pra lista "teño-que-ler", non dou feito!!
besiños.
Craro que hai que lelo. Manuel Rivas, un dos grandes da literatura galega.
sei que soa mal, pero non me gusta como escribe Rivas, de todo ten que haber no mundo, non?, :)
Me lo habías recomendado en mi blog y a ver si lo leo prontito. Tiene muy buena pinta!
Besitos
a min encántame como escribe Rivas... pero en poesía é complicadísimo...
aledome que alguns xa o estedes lendo, mouchiño, inda que non gostes del, e apaixoante como descrebe e fala da coruña e de persoaxes reais que viveron esa epoca, de verdade, non ten perda, aos que non o lestes volvo a recomendalo, posi de verdade é unha pasada!!!bicos
Anda, nueva recomendación. Últimamente me lo ha recomendado bastante gente, así que en cuanto tenga la ocasión lo saco de la biblio.
Besos!
De Rivas hai que lelo todo, sempre.
Lo leí en cuanto salió,tuve que pedirlo vía Internet en gallego, que por aquí no se consigue. Es una gozada. Rivas mágico.
Besote, lúa.
Ok, habra que leerlo.
Ya lo juzgare luego.
Saluditos ...
Espero leerlo pronto, gracias por descubrirmelo.
Un abrazo de caliz para ti.
é coma di moucho, de todo ten que haber no mundo. Eu son dos que pensan que Rivas é un virtuoso, sen dúbida, un milagre máis para la literatura galega. Coma moralla, teño o libro pero vouno lendo a modiño por falta de tempo. E paréceme fabuloso!
booooasssss, desculpade pero teño serios problemas para deixarvos comentarios a alguns, os mais perdoade polas miñas ausencias, pero moitisimo curro e ireivos visitando cando pida, non vos esquezo, bicos!!!!
Publicar un comentario